03/06/08

Amor aos libros


Ao día seguinte a miña avoa comezou a contarme contos.
Fíxoo seguramente
para arrincarnos da nosa enorme tristeza. Roald Dahl, As bruxas

Se hai un libro, neste caso unha triloxía, que reflicta á perfección o amor á lectura e aos libros sería, para min, Corazón de tinta, Sangre de tinta e a tan degorada Muerte de tinta (que dende a semana pasada está por fin nas librerías). Esta obra da escritora alemá Cornelia Funke invítanos a viaxar aos libros (literal), a fluctuar entre a realidade e a ficción, entre os bos e os malos, Fai unha declaración de amor aos libros que non lembraba eu dende Farenheit 451 e xoga tamén coa maxia.

Lengua de Brujo, o pai de Meggie, ten o don de dar vida aos personaxes dos libros cando le en voz alta, pero a cambio, o libro leva para o seu mundo a unha persoa do noso. Por suposto, Meggie, herda o don de seu pai... E así comezará esta historia, cando á porta da casa vén petar un estraño personaxe...

A semana pasada, en "Babelia" (xa sabedes iso de que se non sae recensionado en "Babelia", o libro non existe) falábase dunha serie de libros no ronsel de Harry Potter -Carmen Mañana, "La estela de Harry Potter"- e malia que Cornelia Funke é coñecida coma a J.K. Rowling alemá, eu creo que xa lle gustaría a Potter parecerse sequera unha migalliña a Meggie. Calidade é calidade e esta triloxía repártea a cachón, ademais de ser unha homenaxe respectuosa aos clásicos de todos os tempos e unha obra nova, ben escrita e que nos fai mesmo comprobar se nós, pobres mortais, tamén temos o don.

Pois iso, aínda non o lemos (pronto caerá nas nosas mans), pero seguro seguro que Muerte de Tinta non nos ha decepcionar e ha poñer broche de ouro ás aventuras de Dedo Polvoriento, Mo, Ellie e, por suposto, a nosa Dorothy: Meggie.


"Las palabras.
Las palabras llenaron la noche como el aroma de flores invisibles. Unas palabras hechas a la medida, creadas a partir del libro que Farid sostenía con firmeza, ensambladas por las manos de Orfeo, pálidas como la masa, hasta adquirir de nuevo sentido. Hablaban de otros mundos, de un mundo lleno de prodigios y espantos. Farid aguzó el oído, olvidándose del tiempo. Ya ni siquiera confiaba en su existencia. Sólo existía la voz de Orfeo (...). Lo hacía desaparecer todo, la calle llena de baches y las casas míseras del final, la farola, el muro sobre el que se sentaba Orfeo, incluso la luna sobre los árboles negros. Y el aire desprendió de repente un olor exótico y dulzón..." p. 23 Cornelia Funke (2005) Sangre de Tinta. Madrid: Siruela.

1 comentário:

Unknown disse...

http://www.kuryemobil.com/ very nice blog