Peter Hoeg (1997) La señorita Smila y su especial percepción de la nieve. Barcelona: Tusquest. Tradución de Ana Sofía Pascual.
25/05/08
Sentir a neve
23/05/08
As voces dos que dormen

La voz dormida de Dulce Chacón cóntanos a dura vida das mulleres republicanas nos cárceres franquistas. É o relato das vidas dos combatentes anónimos que non estaban preparados para perder a Guerra Civil e nas páxinas da novela asistimos ao sufrimento innecesario dun monte de personaxes que capítulo a capítulo van tecendo e destecendo as súas vidas truncadas.
Dulce Chacón permítenos oír a todas aquelas voces que aínda tiñan unha historia que contar sobre a contenda española e que ata o momento estaban ben durmidas ou ben silenciadas. Unha novela sobre sentimentos, pero que consegue non caer na sensibleira nin na lágrima fácil e que nos achega a uns acontecementos aínda vivos da nosa historia.
Dulce Chacón (2006) La voz dormida. Madrid: Punto de Lectura.
13/05/08
07/05/08
Relecturas musicadas: Celso Emilio Ferreiro na longa noite de pedra
Deitado frente ao mar
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
03/05/08
Para gustos fixéronse colores! Deliciosa reedición dun clásico

Porque hai un montón de xente que aínda non sabe o conto...
A galiña azul
Estes días anda o pobo un pouco alborotado. Acórdaste dun rapaz que se chama Lorenzo e que andaba sempre na compaña dun can pequeniño de rabo zuro? Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita.
É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verdemar. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.
Tan preocupadas as ten que hai catro días chegoulle un oficio a Lorenzo pedíndolle que entregase a galiña polas boas. Lorenzo negouse, porque aínda que lle din que só é para que a vexa un veterinario, o certo é que, segundo dixo o señor Casimiro, o porteiro do Concello, a galiña vana matar.
O alcalde, Manolito Listón, dixo nunhas declaración que fixo para a televisión e para os xornais, que non se podía tolerar a existencia dunha galiña azul, porque, segundo Manolito Listón, unha galiña azul que pon ovos de colores e que di cocorocó en vez de cacaracá non é unha galiña como é debido.
O caso é que o pobo anda todo alborotado e o pobre Lorenzo non levanta cabeza.
Antes paseaba todo contento coa súa galiña pola rúa, pero agora está na casa e algúns din que a galiña a ten disfrazada de branco para que non lla coñezan. Pero de certo, pouco se sabe.
Eu non sei que vai pasar, porque os veciños están de parte de Lorenzo e da galiña. Non teñas pena, que xa che contarei en que queda isto.
Lorenzo encárgame que che dea lembranzas del e da súa galiña azul.
O final da historia da galiña azul
Sabes que se arranxou o asunto da galiña azul de Lorenzo?
Verás. O día aquel que che escribín contándoche todo, resulta que a iso das cinco da tarde chegaron os gardas a buscar a galiña azul, de parte de Manolito Listón. Ía moito sol e podía ser un día ben ledo se non fose pola pena que tiñamos todos.
A xente congregouse diante da casa de Lorenzo. Habería para aí máis de mil persoas. Eu tamén fun.
A que non adiviñas o que pasou? Pois o día anterior discorreu que a mellor maneira de arranxar as cousas sería tinguir de azul todas as galiñas do lugar, pintándolles de vermello cinco plumas da á dereita e despois soltalas arredor da galiña azul de Lorenzo. Como nós non temos galiñas na casa, eu fun mercar unha á feira de Allariz e tinguina de azul tamén.
Cando chegaron os gardas, atoparon tanta galiña igual que non sabían cal era a de Lorenzo.
Só houbo un pequeno despiste. Foi cousa de Leoncio, que se trabucou e apareceu cunha galiña pintada de vermello. Cando lla viron os gardas, queríanlla matar. Se o vises escapar coa súa galiña debaixo do brazo e berrando: "Para gustos fixéronse colores!"
Agora o Manolito Listón di que cando chova se vai arranxar, que as galiñas han perder o tinte e que entón, xa veremos... Pero polo de agora vai moita calor e temos o verán enteiro por diante.
De momento, Lorenzo anda amestrando a galiña para que, ao menos en público, aprenda a dicir cacaracá en vez de cocorocó.
Claro que a xente do lugar ten un contrasinal para coñecer a verdadeira galiña azul. Xa cho direi cando veñas.
Carlos Casares (2007) A galiña azul. Vigo: Galaxia.
Por que ouvea o muiñeiro?
Gunar Huttunen decide comezar de novo a súa vida no norte do país, Finlandia, e merca a acea de Suukoski, á beira do Kemi. Os veciños daaldea agradecerán que o muíño volva funcionar e mesmo iranse achegando
curiosos coñecer a Huttunen. A pequena aldea finesa asistirá entre risos ás imitacións que con moita arte fai o muiñeiro pero, engorde, pasarán do desconcerto á xenreira, xa que Gunar ademais de todas as súas extravagancias ten un costume ben peculiar: o muiñeiro non pode evitar
ouvear cando está amorriñado. Cando os veciños non aturan máis os laios, a
novela amósanos o enfrontamento do home contra o home -as forzas vivas da vila á caza do muiñeiro-, o home fronte á natureza, á soidade, á tolemia, ao amor, etc. O muiñeiro ouveador é a segunda das novelas de Arto Paasilina que chega ás mans dos lectores galegos grazas ás traducións de Rinoceronte, neste caso de Tomás González Ahola. Podemos ler na nosa lingua a un dos autores máis vendidos das letras finesas. Un escritor polifacético, que antes de frade foi cociñeiro: gardabosques, xornalista, poeta... e que amosa todas as súas facianas nas súas novelas.
O gardabosques respectuoso e protector agroma nas paisaxes, na descrición da vida do campo,
nos traballos coma carpinteiro que desenvolve Gunar; o xornalista deixa ver as suás maneiras na
narración dunha crónica, aínda que non pode evitar poñerse de parte dalgúns dos seus personaxes -o muiñeiro, Sanelma, o carteiro, o policía- e na contra doutros -o tendeiro, o médico, o comisario, os ricos propietarios- ; o poeta sobrancea nalgunha das descricións e mais nas reflexións que a lectura da novela suscita no lector.
Alén disto, Paasilina caracterízase por unha escrita clara e sinxela que dosifica con acerto a
comicidade. Xoga en todo momento a sorprender o lector e ganduxa historias imposibles que,
despois de lelas, fan que comprendamos por que é considerado un dos narradores máis habelinciosos das letras comtemporáneas e amais, converte os seus homes duros, lapóns afeitos a traballar arreo, en tipos universais, polo que a historia do muíño de Suukoski ben podería ambientarse ou suceder en calquera aldea galega.
Un libro exquisito exquisitamente traducido ao galego e que é de lectura imperdoable para todos aqueles que queiran gozar dunha boa novela.
Arto Paasilina (2007) O muiñeiro ouveador. Cangas: Rinoceronte. Tradución de Tomás González Ahola.
02/05/08
01/05/08
Non lle deas un peixe, apréndelle a pescar
Finn Family Moomintroll
En el que Mumin, Manrico y Esnif se encuentran el sombrero del mago. Luego aparecen de pronto cinco nubes y el Jemulen logra inventar otro pasatiempo.
Así comezan as aventuras da familia Mumin. Unha serie de libros que non perdeu a forza cos anos, se non que se converteu por dereito propio nun clásico da literatura infantil e xuvenil. O val de Mumin (supoñemos que en Finlandia) é o fogar de diferentes especies de seres, principalmente trols, onde cada primavera se viven grandes aventuras, todas elas do máis rechamante e pintoresco, como sucede nesta ocasión que atopan o sombreiro dun mago que transforma todo o que lle cae no interior no máis inesperado (incluso o propio Mumin que se agocha embaixo do sombreiro, acaba converténdose nun bicho estraño e feuchiño que ninguén recoñece)
Son historias cheas de imaxinación nas que destaca o humor, a fantasía e a calidade narrativa.
Tove Jansson (2006) La familia Mumin. Barcelona: Noguer. Tradución de María Luisa Borrás.
Subscrever:
Mensagens (Atom)









